24 jun 2009
concerto ESO
12 jun 2009
CORTO DE ANIMACIÓN:"A Fish with a Smile"
OUTRO CURTO MARABILLOSO, DÉIXOVOS A SINOPSE (EN INGLÉS e así imos facendo prácticas):
This animation is form the famous illustrator, Jimmy Liao. Fantastic animation and music!
"A Fish with a Smile" is about a man who meets a fish that smiles at him. He wants to possess her and takes her home with him, but finds himself saddened by the sight of the fish in the tank. Once he possesses the fish, he can no longer deny the desire for freedom that he feels deep within himself. When he returns the fish to the ocean, he discovers that what he has freed is actually a long-lost part of himself."
Non é de estrañar que gañara na 56 edición do Festival de Berlín.
Palabras do xurado: "Aínda que en apariencia simple, a cinta invítanos a abrir os corazóns á verdade de que, se liberas algo, ti tamén es libre".
Exposición “Futuro Agua” na PLAZA E - VIGO
Dende o 12 de xuño ata o 19 de Jullo poder ir á Plaza Elíptica Centro Comercial e recorrer as súas instalacións con espectaculares fotografías, paneis gráficos, audiovisuais, maquetas e interactivos para coñecer todo sobre este recurso tan necesario para a vida no noso planeta.
Os horarios da exposición son:
Luns de 17 a 21h.
De Martes a Sábado de 11 a 14 h e de 17 a 21 h.
Domingos e Festivos pechado.
8 jun 2009
unaijavi
Ata hai moito tempo pensábase que os nosos océanos eran infinitos que os recursos mariños eran inesgotables e que por moito que pescásemos ou botásemos lixo o mar.
Este tiña unha capacidade de rexeneración moi elevada que nunca se ía acabar hoxe sabemos que non e así; o mar dispersa e dilúe todo o que nos lle botamos pero esa contaminación ten un límite.
O mar estase agotando deberiamos comezar a pensar máis en serio en protexer o mar.
YAGO
os océanos estanse esgotando
OS OCÉANOS ESTANSE ESGOTANDO
Entrada feita por Sandra, 2ºESO A
océanos en función
-Que o mar se está esgotando porque tiramos residuos tóxicos e os residuos fan que o mar vaia disminuíndo.
-E tamén coa pesca non se pode pescar todo nun día porque cando nos demos conta non vamos a ter nada pa comer.Si se pesca que pesquen os máis grandes porque si colles os pequenos logo non se van a poder ter máis.
entrada feita por:Desirée 2ºESO A
6 jun 2009
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS:Sea Level Rise Explorer
Para os que non saiban traballar no Google Earth: só tendes que buscar o lugar do mundo que vos interese arrastrando co rato (tamén é máis doado se reducides a escala, isto é, dandode ao botón "-" na esquina superior esquerda); unha vez atopado o sitio permedes nel e o ampliades (premendo ao botón "+" na mesma esquina) e xa podedes ver e buscar un bo lugar para emigrar para cando nos inunden as augas oceánicas: qué medo!
Mirade qué curioso: O noso paraíso natural O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS desaparecería por completo e o Morrazo convértese nunha illa.
5 jun 2009
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: disfrutémolo
POEMAS DE AUGA
Este vídeo ven a ser unha pequena composición feita dalgún dos traballos dos meus alumnos de 1º e 2º para o proxecto interdiscplinar.
Salientar que tivemos que traballar con programas diferentes aos que coñeciamos e que, a pesar de saber chatear e fozar no messenger, os nosos alumnos non teñen tan desenvolvida esa compatencia dixital da que fala a actual lei.
Pese a todo traballaron moito, esforzáronse en aprender e quedou un traballo bonito!
4 jun 2009
3 jun 2009
PASATEMPOS
(Sodes quen de dar coa solución?)
2 jun 2009
O buque de investigación de Oceana explora o fondo da costa galega
BOA INFORMACIÓN E PRECIOSAS IMAXES DOS FONDOS MARIÑOS DAS COSTAS GALEGAS:
30 may 2009
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou o venres as de actividades que se levarán a cabo o sábado, 6 de xuño na praia de Samil, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e Dos Océanos. As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia.
Na primerira semana do mes de xuño terán lugar dúas citas a nivel internacional: O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño; e Día Mundial dos Oceanos, o 8 de xuño. A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo únense a estas dúas celebracións ofrecendo á cidadanía unha serie de actividades para aprender un pouco máis sobre o medio ambiente e o medio mariño dun xeito divertido.
A celebración terá lugar o sábado, día 6 de xuño, de 11.00 a 19.00 ininterrumpidamente no extremo norte da praia de Samil, xunto a praia de Argazada e Cabo do Mar, e será de participaron libre.
As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia, no que os participantes poderán aprender dun xeito divertido diferentes aspectos de medio ambiente e os océanos, co obxetivo achegar ó público de todas as idades os misterios e a riqueza do medio que nos rodea.
Os que queiran sumerxirse poderán seguir ós oceanógrafos nos roteiros de snorkel, en grupos de 15 persoas, para observar a zona intermareal e contemplar a gran riqueza e valor medioambiental do litoral vigués sumerxido. Parelalemente desenvolverase o roteiro intermareal dende kaiak en grupos de 50 participantes que poderán remar nun kaiak co fin de achegarse á zona da costa rocosa dende o mar e deste xeiro observar de preto a fauna e flora características da zona.
Para levar a cabo estas actividades contase cun equipo de 15 profesionais formado por oceanógrafos, instructores de mergullo, especialistas en piragüismo, socorristas e persoal de organización que estarán a disposición de todos aqueles que desexen desfrutar desta xornada, na que, ademáis de divertirse, descubrirán novos aspectos do medio mariño e do medio ambiente que lles rodea.
O Día Mundial de Medio Ambiente foi establecido polo Asamblea Xeral da ONU en 1972 para marcar a apertura da conferencia de Estocolmo sobre o Medio Humano, conmemórase cada ano o 5 de xuño e é un dos vehículos principais, a través do cal Nacións Unidas estimula o coñecemento mundial do medioambiente e aumenta a atención e acción política. O lema para 2009 é "Unidos Contra o Cambio Climático). Reflicte a urxencia para que as nacións concerten un novo tratado na convención crucial do clima que se reúne en Copenhague.
O Día Mundial dos Oceanos, foi creado en 1992 durante o cumio mundial en Río de Janeiro. Trátase dunha poderosa oportunidade para que os entes locais e atención mundial tomen conciencia dos efectos que o cambio climático está tendo no océano, o que resalta co lema 2009 "Un Océano, Un Clima e Un Futuro", o cal significa que o impacto dos oceanos esta relacionado coa vida humana, que existe a necesidade de facer a poboación máis consciente da situación, xa que todos podemos facer cambios simples pero importantes.
26 may 2009
SEMANA CULTURAL: mostra de traballos 2
I.E.S. ÁLVARO CUNQUEIRO - VIGO
Fotos dos traballos e exposicións nas que participamos a través do PROXECTO INTERDISCIPLINAR neste curso 2008-09 titulado AUGA
Música: "to be free" de Mike Oldfield [tres lunas]
SEMANA CULTURAL: mostra de taballos 1
Composición con algunhas fotos das diferentes conmemoracións ,traballos, actividades, saídas culturais... que realizaron os nosos alumnos neste curso académico 2008-09 dentro do programa da biblioteca e do proxecto interdisciplinar.
MÚSICA: "haja o que houver" de MADREDEUS [O paraiso]
25 de maio... O PARAUGAS
Conto elaborado por Laura López , Sara Fernández e Rodrigo Ferraz e coa colaboración de Santiago Mogío (1º B - ESO)dentro do Proxecto Interdisciplinar.
É moi orixinal que o soporte do conto sexa un paraugas, o resultado é ben bonito e laborioso.
MÚSICA: CANTEGAS DE ALFONSO X de LUAR NA LUBRE (Hai un paraíso)
21 may 2009
SEMANA CULTURAL
Para que poidamos estar todos, se realizarán dúas sesións:
- A primeira de 16.30 a 17.20 para os grupos de 1º e 3º de ESO
- A segunda de 17.20 a 18.10 para os grupos de 2º e 4º de ESO
Pequena sinfonia de auga
O vídeo ten unhas imaxes bonitas, pero tamén podemos pechar os ollos, seguir a música e compoñer o noso vídeo, seguro que temos imaxes dabondo
Pequeña sinfonia del agua from Amigos on Vimeo.
4 may 2009
MAR DE ESTRELAS
Espectacular viaxe submarina polas augas e fondos das rías galegas coma se se tratase dunha viaxe pola galaxia. A maioría das imaxes deste documental protagonizado por polbos, luras, chocos e outras especies, foron gravadas de noite.
Director: Jorge J. Candán
Duración: 16:31
Ano: 2003
FONTE: http://flocos.tv/curta/mar-de-estrelas/alta/
3 may 2009
A PINGA VERDE: Ate, Antía e Jasmín (1ºESO-A)
CEMMA: Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
A sesión consistiu en posicionarse no faro de Bouzas e intentar visionar os cetáceos que andan a nadar pola ría. Asímesmo os voluntarios explicaron as actividades que dende CEMMA realizan en prol á conservación e respecto polas rías e a súa vida.
Foi moi interesante escoitar destres profesionais o comportamento dos golfiños e as toniñas, pero pareceunos increíble saber que detrás das Illas Cíes pódense avistar baleas de case 23 metros de lonxitude, cachalotes, ...
Tamén nos contaron que as focas que chegan ás nosas costas veñen das Illas Británicas ou incluso de Groelandia. Polo visto ocorre que cando as crías de foca teñen un tempo considerable, as nais as abandoan cortando así os lazos que as unen. Ás veces, a inmadurez das crías fan que se perdan e comezan a nadar sen rumbo buscando aos individus adultos... chegando a Galicia.
Coas tartarugas pasa algo parecido, só que soen vir do outro lado do Atlántico, trabucándose con algunha corrente mariña ou simplemente perdéndose.
Cando esto ocorre, quen avistou a foca, a tartaruga (ou cetáceos) chama ao 112 e CEMMA ponse en movemento, recolle o animal e o leva ao Acuario do Grove para o seu coidado. Cando a foca ou a tartaruga xa ten peso dabondo ou forzas suficientes, se lle entrega o animal a algún barco que vaia navegar pola zona desa especie e alí a deixan en liberdade.
Contounos un voluntario, que os golfiños que recollen malferidos nas praias, xa foron alí para deixarse morren e que ningún que recolleron para axudarlles a sanar conseguiu saír desa morte "segura". Díxonos que están afeitos a vivir en liberdade e que non se fan a estaren en cautividade. Diferente son os arroaces dos "delfinarios", eses si están acostumados porque xa naceron en cautiverio. Pero a súa masa corporal é moito máis pequeña.
Outro tema moi interesante da Coordinadora: traballan para recoller datos sobre a poboación de cetáceos nas Rías, polo que teñen puntos de investigación fixos onde pasan dende media ata unha hora rocollendo os datos dos animais que avisten.
E tamén teñen un blogue de seguemento do arroaz GASPAR, visto por moitos de nós na Ría de Vigo (dixéronnos que agora anda polas augas lucenses).
TRÍPTICO= PREME AQUÍ
Anímosvos a visitar a páxina de CEMMA e a coñecer a vida dos mamíferos mariños que podemos ver nas nosas rías.
1 may 2009
28 abr 2009
DEPORTES ACUÁTICOS - UNIVERSIDADE DE VIGO
Augaventura, volve ofrecer este curso á comunidade universitaria e aos seus acompañantes, a posibilidade de practicar deportes relacionadas co medio acuático. Rafting, vela, surf e mergullo nas modalidades Open Water Diver (ata 25 metros) e Advanced Open Water (ata 40 metros), son as actividades que se desenvolverán entre os meses de abril e maio e que responden, segundo a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, “a unha vocación da Universidade de saír fóra do campus buscando os espazos naturais, mar e ríos, dos que está moi ben dotado o país”.
Así, as actividades, organizadas polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo coa colaboración de El Corte Inglés, desenvolveranse na súa maior parte en espazos abertos como o concello de Arbo, no caso do rafting; a praia de Patos en Nigrán, no do surf e as augas abertas, no do mergullo e a vela. Unha oferta deportiva que repite a do ano anterior, pero coa novidade de que o mergullo achégase por primeira vez a Ourense. Un feito que pode contribuír a incrementar o número de participantes que o ano pasado acadou os 150, “o que supuxo un gran salto cuantitativo se temos en conta que hai dous anos participaran 50 persoas”, sinalou Miguel Iglesias do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, na presentación do programa. Das actividades ofertadas o pasado ano, foi o rafting con 64 participantes a maís numerosa.
Trae a un amigo ou amiga de fóra da Universidade
Aínda que as actividades do programa están especialmente dirixidas a estudantes, PAS e PDI, todos eles poden acudir compañados dunha persoas de fóra da Universidade. Neste sentido o relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco asegurou que “a programación ten vocación de abrirse á sociedade reforzando a idea aperturista que El Corte Inglés apoia”, ao tempo que lembrou unha colaboración coa Universidade que se remonta a hai anos a través dun programa que cualificou de “orixinal” ademais de destacar o seu vínculo co mar.Todas as actividades que segundo Mª del Carmen Cabeza “están na liña da aposta pola práctica deportiva ao aire libre”, contan para a súa realización coa colaboración dunha entidade como é a Escola de vela Punta Lagoa, na vela; Arrepións, no rafting; o Prado surf Escola, no surf e Atlantis no caso do mergullo.
22 abr 2009
DÍA DA TERRA 3
Qué difícil cantarle a tierra madre
ni farolas, ni de caras
DÍA INTERNACIONAL DA TERRA 2
- Quen o propuxo?
- Por que?
- Cando ocorreu?
- ...
A TRABALLAR!!!!
Mandade os comentarios = Hai premio (un trociño de Terra onde sentar prácidamente, cun soliño que quente sin queimar e coa praia cerca para mollar os pes)
21 abr 2009
DÍA INTERNACIONAL DA TERRA
National Geographic Channel e Macaco reúnen a Javier Bardem, Juanes, Rosario, Bebe e Javier Cámara, entre outros nun videoclip a favor da natureza. Moving' é lo novo do grupo catalán Macaco e estrenouse para celebrar o día da Tierra, coa presencia de caras moi coñecidas como Javier Bardem, Javier Cámara, Rosario, Juanes, Juan Luis Guerra o Carlinhos Brown.
A canción é o primero single do Puerto Presente, o novo álbum de Macaco, que forma parte dos eventos que organiza National Geographic para conmemorar o 22 de abril o Día da Terra en España.
Ademais dos famosos mencionados, tamén participan no vídeo Nubla, Antonio Carmona, Orishas, Pitingo y LaMari, cantante de Chambao. Todos os artistas uníronse desinteresadamente a través da música para apoiar a difusión dunha mensaxe a favor da naturaleza e da conservación do planeta.
POR TODOS NÓS!
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
SAÍDA CO PROXECTO INTERDISCIPLINAR
Veñen a ser 80 fotografías, 6 curtametraxes e diversos módulos interactivos os que integran esta exposición destinada a chamar a atención sobre a importancia da auga para a humanidade.
Para acceder á información sobre esta exposición premede na foto.
Tamén podedes descargar dende aquí o folleto .
17 abr 2009
CONCURSO PORTADA REVISTA TRASNO 09
Os traballos foron realizados nas materias de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL e DEBUXO.
mostra marzo-abril TRABALLOS REALIZADOS
16 abr 2009
ABRIL: O MES DOS LIBROS...disfrútaos
9 abr 2009
XORNAL DA PAZ
5 abr 2009
canción: PLANETA AGUA (Ana Belén)
Autor: Guilherme Arantes Adaptación: Víctor Manuel
Quizáis aos que aínda sodes moi novos Ana Belén non vos será moi coñecida. Pero non por iso deixa de ser unha icona na música española.
Coñecedes máis cancións relacionadas coa auga? Mandade os vosos comentarios!
A AUGA EN NÚMEROS
65 000 -14 000 - 1 370 000 000 - 750 000 - 29 170 000 - 60 000 000- 1 000
Nos océanos e mares
Na corteza terrestre
Nos glaciares e neves perpetuas
Nos lagos
Na humidade do solo
No vapor atmosférico
Nos ríos
Cantos acertos tes?... pregunta aos profes de Ciencias.
Pero como estamos en vacacións podedes ir ao seguinte link e verificar as vosas respostas.
http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/volumen2/ciencia3/102/html/sec_5.html
SORTE!
27 mar 2009
~Salvemos ao MUNDO en 60 minutos~
17 mar 2009
12 mar 2009
22 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA AUGA.
As 263 cuencas e lagos transfronteirizos dol mundo extendense a través do territorio de 145 países, e cubren casi a metade da superficie terrestre da Terra. Do memso xeito, grandes depósitos de auga doce transitan en silencio por debaixo das fronteiras nos acuíferos subterráneos.
Hai auga doce dabondo para satisfacer as necesidades de todos, pola contra os recursos hídricos non están equitativamente distribuídos e, a menudo, non son xestionados de maneira adecuada. Ao día de hoxe, moitos países enfrentan problemas de escasez de auga. Nalgunas zonas, a disponibilidade de auga doce de boa calidade reducíse significativamente debido á contaminación producida polos desechos xerados polos humanos, a industria e a agricultura. Desde 1900, a mitade dos humedais do mundo, é dicir, a nosa principal fonte de auga doce renovable, perdeuse. O cambio climático tendrá, sen ningunha dúbida, un impacto directo no suministro de auga doce en moitas rexións.
Vendo que todos os países tratarán de satisfacer as súas necesidades de auga nun contexto de recursos hídricos limitados, algúns prevén un futuro cheo de conflictos. Sen embargo, a historia nos ensinou que a cooperación e non o conflicto, é a resposta máis común fronte ás cuestions relacionadas coa xestión dos recursos hídricos transfronteirizos. Durante os últimos 60 años concertáronse máis de 200 acordos internacionais relacionados coa auga, e tan só se denunciaron 37 casos de uso da violencia entre os Estados, en cuestións relativas aos recursos hídricos.
Neste senso, cómpre seguir fomentando as oportunidades de cooperación que a xestión dos recursos hídricos transfronteirizos pode proporcionar. Todos compartimos a responsabilidade da xestión dos recursos hídricos transfronteirizos para as xeneracións actuais e futuras.
11 feb 2009
10 feb 2009
POEMAS DE AUGA SALGADA
Me decías que no. Por tu mirada
pasaban barcos lentamente. Había
gaviotas en tus ojos, en tus blandos,
donde iba cayendo la amargura
como un anochecer de altas sirenas
en los puertos del Sur.
Me decías que no serenamente.
Era un no original, que ya existía
antes que tú, que hablaba por sí mismo
mientras que tú, impotente, absorta, fijos
en mí tus ojos, lo sentías vivo,
palpabas su raíz por tus adentros.
Era un no adivinado,
mudo, pesadamente silencioso.
Tu duro cuerpo tibio
me decía que no, sin causas, iba
replegándose, como
si volviese a la infancia. Tú no eras.
Me decías que no, y en tu mirada
cabalgaba un dolor que yo diría
maternal. Un dolor implorando
comprensión. Un no de contenida
pesadumbre, pero total, abierto,
levemente asomado
a las playas del llanto.
Me decías que no lejana, sola,
terriblemente sola, maniatada,
sin un porqué donde apoyarte, pero
era no, era no, sin gritos, no…
Los puertos, las sirenas,
los barcos en la noche, todo iba
perdiéndose, alejándose.
Yo, delante de ti, triste, abatido
Julia Ardón
Aquí en el mar, olvidas todo,
escuchas cantar el mar en la caracola,
sientes que el mar te besa,
con sus enormes olas.
PUBLICADO POR: DESIRÉE, RUT y BILAL - 2ºESO
A Auga
31 ene 2009
Practiquen o inglés...
For World Water Day 2008, we look at the planet's water, how it's being used, and the increasing strains on this vital resource. Drink up! Video by MAX JOSEPH Motion Graphics
27 ene 2009
SOPA DE LETRAS: auga en moitos idiomas
Preme aquí para descargar unha versión para imprimir desta Sopa de Letras (en pdf).
Escribe a mensaxe secreta nos comentarios .
24 ene 2009
FABRICACIÓN DUN MUÍÑO DE AUGA
Estas turbinas de auga asemellan as que se utilizan nas grandes centrais hidroeléctricas.
MATERIAIS:
- 5 tapóns iguais de botellas de plástico.
- 2 tapas de recipiente de plástico (é perfecto os de margarina)
- Encolante resistente á auga.
- Tixeiras.
- Alambre (50cm)
- Botella de plástico (2 l.)
- Cinta aislante.
PROCESO:
1.- Recortamos dous discos de plástico (das tapas de margarina) duns 7,5 cm de diámetro e realizamos un buraco no centro de cada un deles (por ahí irá o alambre).
2.- Pegamos os tapóns a un dos discos (todo ao mesmo lado xa que hai que ter en conta que tendrán que funcionar como recipientes que recollan a auga cando esta roda xire). Pegamos o outro disco enriba: Xa temos a RODA.
3.- Facemos un buraco na mitade da bolella (por onde sairá a auga)
4- Introducimos o alambre a través da roda (polos buracos) e o colocamos á botella para pegalos.
5.- Fixamos o alambre á botella coa cinta aislante ( ou con gomas elásticas).
6.- Enchemos a botella e...
A XIRAR A RODA, que funcionan!!!
NOTA: ten coidado coa auga que te saia da botella, mellor será que a coloques dentro dun recipiente grande ou dentro do lavabo.
FONTE: AA.VV. (2007): El gran libro de la ciencia. Parragon Books Ltd; Barcelona (páx. 225)
12 ene 2009
nova ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES DA AUGA
É a primeira destas características en Galicia.
Esta nova asociación, integrada por investigadores das tres universidade galegas, pretende promover o estudo dos ríos e lagoas de Galicia, así como a conservación e correcta xestión dos ecosistemas acuáticos continentais.