31 ene 2009

Practiquen o inglés...



For World Water Day 2008, we look at the planet's water, how it's being used, and the increasing strains on this vital resource. Drink up! Video by MAX JOSEPH Motion Graphics

27 ene 2009

SOPA DE LETRAS: auga en moitos idiomas


Sabías que existen unhas 6.000 linguas diferentes no mundo?
Isto significa que hai unhas 6.000 formas diferentes de dicir 'auga'!Atopa as palabras enumeradas enriba, rodéaas cun círculo. Si atopas todas poderás descifrar unha mensaxe escondida entre as letras que non utilizaches.

Boa sorte!
Preme aquí para descargar unha versión para imprimir desta Sopa de Letras (en pdf).

Escribe a mensaxe secreta nos comentarios .

FONTE: http://www.wateryear2003.org/es páxina da UNESCO

24 ene 2009

FABRICACIÓN DUN MUÍÑO DE AUGA

Os alumnos de 1ºA de ESO traballamos na fabricación de muíños de auga co gallo da visita aos MUÍÑOS DO FOLÓN no 1º trimestre.
Estas turbinas de auga asemellan as que se utilizan nas grandes centrais hidroeléctricas.

MATERIAIS:

- 5 tapóns iguais de botellas de plástico.

- 2 tapas de recipiente de plástico (é perfecto os de margarina)

- Encolante resistente á auga.

- Tixeiras.

- Alambre (50cm)

- Botella de plástico (2 l.)

- Cinta aislante.


PROCESO:

1.- Recortamos dous discos de plástico (das tapas de margarina) duns 7,5 cm de diámetro e realizamos un buraco no centro de cada un deles (por ahí irá o alambre).

2.- Pegamos os tapóns a un dos discos (todo ao mesmo lado xa que hai que ter en conta que tendrán que funcionar como recipientes que recollan a auga cando esta roda xire). Pegamos o outro disco enriba: Xa temos a RODA.

3.- Facemos un buraco na mitade da bolella (por onde sairá a auga)

4- Introducimos o alambre a través da roda (polos buracos) e o colocamos á botella para pegalos.

5.- Fixamos o alambre á botella coa cinta aislante ( ou con gomas elásticas).

6.- Enchemos a botella e...

A XIRAR A RODA, que funcionan!!!

NOTA: ten coidado coa auga que te saia da botella, mellor será que a coloques dentro dun recipiente grande ou dentro do lavabo.

FONTE: AA.VV. (2007): El gran libro de la ciencia. Parragon Books Ltd; Barcelona (páx. 225)

MOSTRA TRABALLOS 1

12 ene 2009

nova ASOCIACIÓN GALEGA DE INVESTIGADORES DA AUGA

Nace a Asociación Galega de Investigadores da Auga
É a primeira destas características en Galicia.
Esta nova asociación, integrada por investigadores das tres universidade galegas, pretende promover o estudo dos ríos e lagoas de Galicia, así como a conservación e correcta xestión dos ecosistemas acuáticos continentais.
Premede no seguinte link para máis información:

8 ene 2009

PREPARAMOS O DÍA DA PAZ DENDE O BLOGUE



Convidámosvos a que pensedes un pouco e reflexionedes sobre este día e sobre o que significa.

Poñeremos preguntas e actividades para que vaiades facendo.


Saúdos a todos e feliz comezo!