27 mar 2009

~Salvemos ao MUNDO en 60 minutos~


Q O noso planeta está en perigo, non nos damos conta pero estamos a facer do noso planeta un lugar contaminado, onde se no reaccionamos xa i¡será a fin!i h SALVÉMOLO h
^^O día 28 de Marzo ás 20:30 haberá que apagar as luces durante unha hora, así contribuiremos a convertir o noso planeta nun lugar limpo e saudable^^
C Nós xa somos tres, apúntate e contribue C

12 mar 2009

22 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA AUGA.

A MENSAXE DA UNESCO:

Este ano para o Día Mundial da Auga, quérese chamar a atención nos recursos hídricos que cruzan fronteiras e nos unen.

As 263 cuencas e lagos transfronteirizos dol mundo extendense a través do territorio de 145 países, e cubren casi a metade da superficie terrestre da Terra. Do memso xeito, grandes depósitos de auga doce transitan en silencio por debaixo das fronteiras nos acuíferos subterráneos.

Hai auga doce dabondo para satisfacer as necesidades de todos, pola contra os recursos hídricos non están equitativamente distribuídos e, a menudo, non son xestionados de maneira adecuada. Ao día de hoxe, moitos países enfrentan problemas de escasez de auga. Nalgunas zonas, a disponibilidade de auga doce de boa calidade reducíse significativamente debido á contaminación producida polos desechos xerados polos humanos, a industria e a agricultura. Desde 1900, a mitade dos humedais do mundo, é dicir, a nosa principal fonte de auga doce renovable, perdeuse. O cambio climático tendrá, sen ningunha dúbida, un impacto directo no suministro de auga doce en moitas rexións.
Vendo que todos os países tratarán de satisfacer as súas necesidades de auga nun contexto de recursos hídricos limitados, algúns prevén un futuro cheo de conflictos. Sen embargo, a historia nos ensinou que a cooperación e non o conflicto, é a resposta máis común fronte ás cuestions relacionadas coa xestión dos recursos hídricos transfronteirizos. Durante os últimos 60 años concertáronse máis de 200 acordos internacionais relacionados coa auga, e tan só se denunciaron 37 casos de uso da violencia entre os Estados, en cuestións relativas aos recursos hídricos.

Neste senso, cómpre seguir fomentando as oportunidades de cooperación que a xestión dos recursos hídricos transfronteirizos pode proporcionar. Todos compartimos a responsabilidade da xestión dos recursos hídricos transfronteirizos para as xeneracións actuais e futuras.

Sen importar en que parte da corrente nos encontremos, todos compartimos o mesmo barco.

LINKS DA PÁXINA:

http://www.unwater.org/worldwaterday/downloads/wwd09brochureesHIGH.pdf folleto explicativo de de actividades (en castelán)

http://www.unwater.org/worldwaterday/flash/video/gallery1.html interesantísimo vídeo sobre o problema do río Nilo. Titúlase River of War, River of Life: The Fate of the Nile - de 26 Minutos e en Inglés.

PARA PENSAR NO QUE TEMOS CERCA:
- Coñecedes algún río transfronteirizo que compartamos?
- Trae algún conflicto este río entre os países que o comparten? cal?
- A auga dos embalses que abastecen Vigo, Se comparten con outras poboacións?
- Que está a ocorer con este tema? buscade información.

MANDADE TODOS OS COMENTARIOS SOBRE ESTAS E OUTRAS CUENTIÓNS SOBRE O DÍA INTERNACIONAL DA AUGA.