30 may 2009

IN THE MORNING OF A DAY


In the Morning of a Day - Video Clip - Watch the best video clips here

Medio Ambiente únese á celebración dos días mundiais do Medio Ambiente e dos Océanos

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou o venres as de actividades que se levarán a cabo o sábado, 6 de xuño na praia de Samil, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medioambiente e Dos Océanos. As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia.

Na primerira semana do mes de xuño terán lugar dúas citas a nivel internacional: O Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño; e Día Mundial dos Oceanos, o 8 de xuño. A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo únense a estas dúas celebracións ofrecendo á cidadanía unha serie de actividades para aprender un pouco máis sobre o medio ambiente e o medio mariño dun xeito divertido.

A celebración terá lugar o sábado, día 6 de xuño, de 11.00 a 19.00 ininterrumpidamente no extremo norte da praia de Samil, xunto a praia de Argazada e Cabo do Mar, e será de participaron libre.

As actividades constarán de cinco obradoiros de educación medioambiental e divulgación científica na praia, no que os participantes poderán aprender dun xeito divertido diferentes aspectos de medio ambiente e os océanos, co obxetivo achegar ó público de todas as idades os misterios e a riqueza do medio que nos rodea.

Os que queiran sumerxirse poderán seguir ós oceanógrafos nos roteiros de snorkel, en grupos de 15 persoas, para observar a zona intermareal e contemplar a gran riqueza e valor medioambiental do litoral vigués sumerxido. Parelalemente desenvolverase o roteiro intermareal dende kaiak en grupos de 50 participantes que poderán remar nun kaiak co fin de achegarse á zona da costa rocosa dende o mar e deste xeiro observar de preto a fauna e flora características da zona.

Para levar a cabo estas actividades contase cun equipo de 15 profesionais formado por oceanógrafos, instructores de mergullo, especialistas en piragüismo, socorristas e persoal de organización que estarán a disposición de todos aqueles que desexen desfrutar desta xornada, na que, ademáis de divertirse, descubrirán novos aspectos do medio mariño e do medio ambiente que lles rodea.

O Día Mundial de Medio Ambiente foi establecido polo Asamblea Xeral da ONU en 1972 para marcar a apertura da conferencia de Estocolmo sobre o Medio Humano, conmemórase cada ano o 5 de xuño e é un dos vehículos principais, a través do cal Nacións Unidas estimula o coñecemento mundial do medioambiente e aumenta a atención e acción política. O lema para 2009 é "Unidos Contra o Cambio Climático). Reflicte a urxencia para que as nacións concerten un novo tratado na convención crucial do clima que se reúne en Copenhague.

O Día Mundial dos Oceanos, foi creado en 1992 durante o cumio mundial en Río de Janeiro. Trátase dunha poderosa oportunidade para que os entes locais e atención mundial tomen conciencia dos efectos que o cambio climático está tendo no océano, o que resalta co lema 2009 "Un Océano, Un Clima e Un Futuro", o cal significa que o impacto dos oceanos esta relacionado coa vida humana, que existe a necesidade de facer a poboación máis consciente da situación, xa que todos podemos facer cambios simples pero importantes.
Podedes baixarvos o programa ONDE EXPLICAN AS DISTINTAS ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVERÁN EN SAMIL premendo AQUÍ
Se queredes máis información sobre o Día Mundial dos Océanos premede AQUÍ
FONTE: http://hoxe.vigo.org/ [WEB OFICIAL DO CONCELLO DE VIGO]

26 may 2009

SEMANA CULTURAL: mostra de traballos 2



I.E.S. ÁLVARO CUNQUEIRO - VIGO
Fotos dos traballos e exposicións nas que participamos a través do PROXECTO INTERDISCIPLINAR neste curso 2008-09 titulado AUGA
Música: "to be free" de Mike Oldfield [tres lunas]

SEMANA CULTURAL: mostra de taballos 1



Composición con algunhas fotos das diferentes conmemoracións ,traballos, actividades, saídas culturais... que realizaron os nosos alumnos neste curso académico 2008-09 dentro do programa da biblioteca e do proxecto interdisciplinar.
MÚSICA: "haja o que houver" de MADREDEUS [O paraiso]

semana cultural: A VILA POBRE

25 de maio... O PARAUGAS



Conto elaborado por Laura López , Sara Fernández e Rodrigo Ferraz e coa colaboración de Santiago Mogío (1º B - ESO)dentro do Proxecto Interdisciplinar.
É moi orixinal que o soporte do conto sexa un paraugas, o resultado é ben bonito e laborioso.
MÚSICA: CANTEGAS DE ALFONSO X de LUAR NA LUBRE (Hai un paraíso)

21 may 2009

SEMANA CULTURAL


O vindeiro LUNS 25 de MAIO terá lugar no noso IES un acto cultural no que música e literatura irán da man. Participarán parte dos nosos alumnos e será no Salón do Instituto.

Para que poidamos estar todos, se realizarán dúas sesións:
- A primeira de 16.30 a 17.20 para os grupos de 1º e 3º de ESO
- A segunda de 17.20 a 18.10 para os grupos de 2º e 4º de ESO
Alumnas de 2º de bacharelato nos deleitarán coa súa música e presentaremos, da man dos protagonistas, algúns contos ilustrados elaborados polos alumnos de 1º de ESO a través do Proxecto Interdisciplinar. Logo teremos a presentación doutro conto ilustrado xa editado.
Deixámosvos os carteis:

Pequena sinfonia de auga

O grupo "Amigos" compón e interpreta un extraordinario chill out, homenaxe á auga. A auga elemento indispensable para a vida. Auga de mares, ríos, fontes....auga de vida. Auga de amor.

O vídeo ten unhas imaxes bonitas, pero tamén podemos pechar os ollos, seguir a música e compoñer o noso vídeo, seguro que temos imaxes dabondo


Pequeña sinfonia del agua from Amigos on Vimeo.

4 may 2009

MAR DE ESTRELAS



Espectacular viaxe submarina polas augas e fondos das rías galegas coma se se tratase dunha viaxe pola galaxia. A maioría das imaxes deste documental protagonizado por polbos, luras, chocos e outras especies, foron gravadas de noite.
Director: Jorge J. Candán
Duración: 16:31
Ano: 2003

FONTE: http://flocos.tv/curta/mar-de-estrelas/alta/

3 may 2009

A PINGA VERDE: Ate, Antía e Jasmín (1ºESO-A)

Preséntovos un contos que fixeron ATENEA, ANTÍA E JASMÍN de 1º ESO - A dentro da materia de PROXECTO INTERDISCIPLINAR:

Para ver en grande o libro e poder lelo, premede nel; levarávos á páx. de calaméo e alí o tendes en tamaño grande.

CEMMA: Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

O sábado CAIXAGALCIA, dentro do programa SOLIDARÍZATE sobre voluntariado, ofreceu unha actividade para coñecer os Mamíferos da Ría de Vigo e das costas galegas.
A sesión consistiu en posicionarse no faro de Bouzas e intentar visionar os cetáceos que andan a nadar pola ría. Asímesmo os voluntarios explicaron as actividades que dende CEMMA realizan en prol á conservación e respecto polas rías e a súa vida.
Foi moi interesante escoitar destres profesionais o comportamento dos golfiños e as toniñas, pero pareceunos increíble saber que detrás das Illas Cíes pódense avistar baleas de case 23 metros de lonxitude, cachalotes, ...
Tamén nos contaron que as focas que chegan ás nosas costas veñen das Illas Británicas ou incluso de Groelandia. Polo visto ocorre que cando as crías de foca teñen un tempo considerable, as nais as abandoan cortando así os lazos que as unen. Ás veces, a inmadurez das crías fan que se perdan e comezan a nadar sen rumbo buscando aos individus adultos... chegando a Galicia.
Coas tartarugas pasa algo parecido, só que soen vir do outro lado do Atlántico, trabucándose con algunha corrente mariña ou simplemente perdéndose.


Cando esto ocorre, quen avistou a foca, a tartaruga (ou cetáceos) chama ao 112 e CEMMA ponse en movemento, recolle o animal e o leva ao Acuario do Grove para o seu coidado. Cando a foca ou a tartaruga xa ten peso dabondo ou forzas suficientes, se lle entrega o animal a algún barco que vaia navegar pola zona desa especie e alí a deixan en liberdade.
Contounos un voluntario, que os golfiños que recollen malferidos nas praias, xa foron alí para deixarse morren e que ningún que recolleron para axudarlles a sanar conseguiu saír desa morte "segura". Díxonos que están afeitos a vivir en liberdade e que non se fan a estaren en cautividade. Diferente son os arroaces dos "delfinarios", eses si están acostumados porque xa naceron en cautiverio. Pero a súa masa corporal é moito máis pequeña.
Outro tema moi interesante da Coordinadora: traballan para recoller datos sobre a poboación de cetáceos nas Rías, polo que teñen puntos de investigación fixos onde pasan dende media ata unha hora rocollendo os datos dos animais que avisten.
E tamén teñen un blogue de seguemento do arroaz GASPAR, visto por moitos de nós na Ría de Vigo (dixéronnos que agora anda polas augas lucenses).

Descargade o trítico de información sobre a interacción de GASPAR cos humanos e que cousas debemos evitar nesa relación. É MOI INTERESANTE
TRÍPTICO= PREME AQUÍ

Anímosvos a visitar a páxina de CEMMA e a coñecer a vida dos mamíferos mariños que podemos ver nas nosas rías.