24 ene 2009

FABRICACIÓN DUN MUÍÑO DE AUGA

Os alumnos de 1ºA de ESO traballamos na fabricación de muíños de auga co gallo da visita aos MUÍÑOS DO FOLÓN no 1º trimestre.
Estas turbinas de auga asemellan as que se utilizan nas grandes centrais hidroeléctricas.

MATERIAIS:

- 5 tapóns iguais de botellas de plástico.

- 2 tapas de recipiente de plástico (é perfecto os de margarina)

- Encolante resistente á auga.

- Tixeiras.

- Alambre (50cm)

- Botella de plástico (2 l.)

- Cinta aislante.


PROCESO:

1.- Recortamos dous discos de plástico (das tapas de margarina) duns 7,5 cm de diámetro e realizamos un buraco no centro de cada un deles (por ahí irá o alambre).

2.- Pegamos os tapóns a un dos discos (todo ao mesmo lado xa que hai que ter en conta que tendrán que funcionar como recipientes que recollan a auga cando esta roda xire). Pegamos o outro disco enriba: Xa temos a RODA.

3.- Facemos un buraco na mitade da bolella (por onde sairá a auga)

4- Introducimos o alambre a través da roda (polos buracos) e o colocamos á botella para pegalos.

5.- Fixamos o alambre á botella coa cinta aislante ( ou con gomas elásticas).

6.- Enchemos a botella e...

A XIRAR A RODA, que funcionan!!!

NOTA: ten coidado coa auga que te saia da botella, mellor será que a coloques dentro dun recipiente grande ou dentro do lavabo.

FONTE: AA.VV. (2007): El gran libro de la ciencia. Parragon Books Ltd; Barcelona (páx. 225)

1 comentario:

  1. As primeiras en comentar no noso enlace.

    Un Experiencia moi interesante e divertida a de facer un moiño=)


    Un Bikiño=)

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.