3 may 2009

CEMMA: Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

O sábado CAIXAGALCIA, dentro do programa SOLIDARÍZATE sobre voluntariado, ofreceu unha actividade para coñecer os Mamíferos da Ría de Vigo e das costas galegas.
A sesión consistiu en posicionarse no faro de Bouzas e intentar visionar os cetáceos que andan a nadar pola ría. Asímesmo os voluntarios explicaron as actividades que dende CEMMA realizan en prol á conservación e respecto polas rías e a súa vida.
Foi moi interesante escoitar destres profesionais o comportamento dos golfiños e as toniñas, pero pareceunos increíble saber que detrás das Illas Cíes pódense avistar baleas de case 23 metros de lonxitude, cachalotes, ...
Tamén nos contaron que as focas que chegan ás nosas costas veñen das Illas Británicas ou incluso de Groelandia. Polo visto ocorre que cando as crías de foca teñen un tempo considerable, as nais as abandoan cortando así os lazos que as unen. Ás veces, a inmadurez das crías fan que se perdan e comezan a nadar sen rumbo buscando aos individus adultos... chegando a Galicia.
Coas tartarugas pasa algo parecido, só que soen vir do outro lado do Atlántico, trabucándose con algunha corrente mariña ou simplemente perdéndose.


Cando esto ocorre, quen avistou a foca, a tartaruga (ou cetáceos) chama ao 112 e CEMMA ponse en movemento, recolle o animal e o leva ao Acuario do Grove para o seu coidado. Cando a foca ou a tartaruga xa ten peso dabondo ou forzas suficientes, se lle entrega o animal a algún barco que vaia navegar pola zona desa especie e alí a deixan en liberdade.
Contounos un voluntario, que os golfiños que recollen malferidos nas praias, xa foron alí para deixarse morren e que ningún que recolleron para axudarlles a sanar conseguiu saír desa morte "segura". Díxonos que están afeitos a vivir en liberdade e que non se fan a estaren en cautividade. Diferente son os arroaces dos "delfinarios", eses si están acostumados porque xa naceron en cautiverio. Pero a súa masa corporal é moito máis pequeña.
Outro tema moi interesante da Coordinadora: traballan para recoller datos sobre a poboación de cetáceos nas Rías, polo que teñen puntos de investigación fixos onde pasan dende media ata unha hora rocollendo os datos dos animais que avisten.
E tamén teñen un blogue de seguemento do arroaz GASPAR, visto por moitos de nós na Ría de Vigo (dixéronnos que agora anda polas augas lucenses).

Descargade o trítico de información sobre a interacción de GASPAR cos humanos e que cousas debemos evitar nesa relación. É MOI INTERESANTE
TRÍPTICO= PREME AQUÍ

Anímosvos a visitar a páxina de CEMMA e a coñecer a vida dos mamíferos mariños que podemos ver nas nosas rías.

1 comentario:

  1. pablo CEMMA10/5/09 10:16

    ola Amalia,

    son Pablo, un dos voluntarios de CEMMA que estivo con vós o pasado sábado.
    Quedou moi ben o do blog! Ademáis, moi interesante na súa totalidade, xa
    vin o documental de J. Candán.

    por se queredes incluir algo sobre o das focas, onte subimos a un barco de
    Marín que partiu para o Gran Sol a "Barda", unha foca que estivera uns
    meses en recuperación:

    http://www.elcorreogallego.es/hemeroteca-web/ecg/cemma-devolve-hoxe-lobo-marino-barda-seu-fogar/idEdicion-2009-05-07/idNoticia-424085/
    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/05/07/00031241700960346625573.htm

    un saúdo,
    Pablo

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.