6 jun 2009

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS:Sea Level Rise Explorer

Na ventá de abaixo tendes o Sea Level Rise Explorer. Utilízase igual que o Google Earth pero éste ten engadido o incremento do nivel do mar segundo as prediccións científicas baseándose nos diferentes estudos sobre o cambio climático e demais.

Para os que non saiban traballar no Google Earth: só tendes que buscar o lugar do mundo que vos interese arrastrando co rato (tamén é máis doado se reducides a escala, isto é, dandode ao botón "-" na esquina superior esquerda); unha vez atopado o sitio permedes nel e o ampliades (premendo ao botón "+" na mesma esquina) e xa podedes ver e buscar un bo lugar para emigrar para cando nos inunden as augas oceánicas: qué medo!

Mirade qué curioso: O noso paraíso natural O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS desaparecería por completo e o Morrazo convértese nunha illa.

1 comentario:

  1. sabias que mais da metade da poboacion do mundo vive a menos de 200 km da costa? paralelo a isto nas augas preto da beiramar e onde existe a maior diversidade de seres vivos onde se atopan as suas as areas.

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.