15 dic 2008

Actividades para o DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE (18-DEC)


- Que significa que se lle adique un día a este tema?

- Tes a alguén da túa familia que emigrara a outro país? e a outra comunidade autónoma?

- De onde veñen os teus apelidos? e o teu nome?

- Que nos aporta a interculturalidade que nace grazas a mistura de xente diferente?

- Busca información sobre a MIGRACIÓN DE POBOS POR MOR DA ESCASEZ DE AUGA NOS SEUS LUGARES DE ORIXE.

Recoñezamos e valoremos a contribución das e dos migrantes no avance económico, social e cultural dos países en todo o mundo.
A contribuir con fronteiras de paz
TODOS SOMOS IGUAIS

7 comentarios:

  1. POR QUE SE EMIGRA?
    cando non hai auga na casa os habitantes vense obrigados a utilizar as fontes públicas da súa localidade.Se as hai.En moitos casos non hai suministro de auga na zona polo que moita xente,sobretodo mulleres e nenas,deben desprazarse moitos quilómetros acarreando a auga que precisan ata súas casas.

    ResponderEliminar
  2. POR QUE SE EMIGRA?
    Os nenos e nenas pequenos son os máis vulnerables á escasez da auga non apta para o consumo.A maioría das mortes de menores de 5 anos ocorren nos países en desenvolvemento; as causas en moitas ocasións están direta ou indirectamente relacións coa auga: Enfermidades diarreicas, neumonía, trastornos neonatais e desnutrición. As malas condicións da auga e saneamento son a segunda causa da mortalidade dos menores de 5 anos no mundo.

    ResponderEliminar
  3. POR QUE SE EMIGRA?
    A falta de auga potable trae consigo serios problemas de saúde, algúns deles incluso mortais.
    De acordo co Banco Mundial, calcúlase que cada ano 900 millóns de persoas teñen enfermidades diarreicas relacionadas coa auga; e debido a súa escasez morren aproximadamente 2 millóns de persoas por ano. A malloría destas persoas viven en países en desenvolvemento. Os que se encontran máis expostos a estes riesgos son os nenos e as persoas maiores.

    ResponderEliminar
  4. A escacez de auga conleva á migración
    a outras zonas con mellores condicións
    de vida e onde a auga potable aínda
    está disponible en cantidade suficiente.

    Co calentamento global uns 200 millóns de persoas poden verse afectadas polos sistemas
    dos monzóns ou outros réximes pluviales ,por sequías de duración e severidade sin procedentas e polo aumento de nivel do mar e inundacións costeiras.
    Por mar deses casos aparecen os chamados
    ''REFUXIOS MEDIOBIENTAIS''

    ResponderEliminar
  5. Se a auga é un dereito,é dificil explicar por qué a distancia promedio que unha muller en África e Asia camina para recolectar auga é de seis quilómetros, da Organización das Naciones Unidas.Tan só o peso da auga que estas mulleres cargan nas súas cabezas todos os días é equivalente ao equipaxe permitido nas liñas aéreas ,é decir 20 quilos.
    Sandra é Bilal
    2ESO

    ResponderEliminar
  6. A migración masiva é unha consecuencia importante da desertificación. Espérase que, entre 1997 e 2020, uns 60 millóns de persoas se desplacen desde as zonas desérticas de África Subsahariana hacia o norte de África e Europa.


    Os desprazamentos importantes de poboación poden causar inestabilidade ou conflitos no país que recibe aos emigrantes, no seu país de orixe en toda unha rexión. Estes desprazamentos conlevan ao agotamento duns recursos xa escasos, a superpoboación, a escasez de auga potable, unhas condicións antihixénicas susceptibles de provocar enfermidades epidémias. Se non se implementan sistemas sostibles, as fontes de auga pódense esgotar e/o contaminar, o que podería ser unha fonte de graves desavenencias coas comunidades locais.

    ResponderEliminar
  7. A auga e moi escasa en moitos paises, principalmente en África, Asia, ect...
    A escasez da auga provoca enfermidades e moita mortalidade.
    Temos todos que axudar a os sedentos para que chegue a auga a todo o mundo.

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.