3 dic 2008

AS CORES DA AUGA



Os alumnos e alumas de 1º de ESO xa están visitando a Exposición on line da Obra Social Caja Madrid neste link:
Poderemos realizar unha visita virtual, na que se nos explica a importancia e o papel fundamental que ten a auga para a vida e o seu desenvolvemento. A través das distintas cores que a auga presenta según onde se atope ou do uso que facemos dela, a exposición presenta - de forma moi didáctica e estética - aspectos como o ciclo da auga, as deficiencias do modelo actual de consumo e as solucións para aumentar o seu aforro, que pasan pola depuración e reutilización.

A exposición viaxa a través das augas azuis de lagos e ríos, as augas verdes presentes nas fragas e nos explica como tendemos a transformalas en augas grises e negras. Trátase dunha excelente iniciativa para sensibilizar sobre a importancia que ten devolver á naturaleza a auga coa súa cor máis pura: transparente.
E para finalizar, pensade nesta frase da exposición:
Vida y agua son inseparables, equivalentes, indistinguibles.

E para os profes, podemes descargar aquí un caderno de traballo para todos os niveis sobre a exposición. tamén é moi interesante:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.