28 abr 2009

DEPORTES ACUÁTICOS - UNIVERSIDADE DE VIGO

DÉIXOVOS A INFORMACIÓN QUE ATOPEI DA UNIVERSIDADE DE VIGO SOBRE ACTIVIDADES E DEPORTES ACUÁTICOS:

Augaventura, volve ofrecer este curso á comunidade universitaria e aos seus acompañantes, a posibilidade de practicar deportes relacionadas co medio acuático. Rafting, vela, surf e mergullo nas modalidades Open Water Diver (ata 25 metros) e Advanced Open Water (ata 40 metros), son as actividades que se desenvolverán entre os meses de abril e maio e que responden, segundo a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, “a unha vocación da Universidade de saír fóra do campus buscando os espazos naturais, mar e ríos, dos que está moi ben dotado o país”.
Así, as actividades, organizadas polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo coa colaboración de El Corte Inglés, desenvolveranse na súa maior parte en espazos abertos como o concello de Arbo, no caso do rafting; a praia de Patos en Nigrán, no do surf e as augas abertas, no do mergullo e a vela. Unha oferta deportiva que repite a do ano anterior, pero coa novidade de que o mergullo achégase por primeira vez a Ourense. Un feito que pode contribuír a incrementar o número de participantes que o ano pasado acadou os 150, “o que supuxo un gran salto cuantitativo se temos en conta que hai dous anos participaran 50 persoas”, sinalou Miguel Iglesias do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, na presentación do programa. Das actividades ofertadas o pasado ano, foi o rafting con 64 participantes a maís numerosa.

Trae a un amigo ou amiga de fóra da Universidade

Aínda que as actividades do programa están especialmente dirixidas a estudantes, PAS e PDI, todos eles poden acudir compañados dunha persoas de fóra da Universidade. Neste sentido o relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco asegurou que “a programación ten vocación de abrirse á sociedade reforzando a idea aperturista que El Corte Inglés apoia”, ao tempo que lembrou unha colaboración coa Universidade que se remonta a hai anos a través dun programa que cualificou de “orixinal” ademais de destacar o seu vínculo co mar.
Todas as actividades que segundo Mª del Carmen Cabeza “están na liña da aposta pola práctica deportiva ao aire libre”, contan para a súa realización coa colaboración dunha entidade como é a Escola de vela Punta Lagoa, na vela; Arrepións, no rafting; o Prado surf Escola, no surf e Atlantis no caso do mergullo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.