22 abr 2009

DÍA INTERNACIONAL DA TERRA 2

Ría de Vigo dende a Illa de San Antonio
Xa que hoxe é o Día da Conmemoración, non estaría mal que buscaramos información sobre o nacemento deste día.
- Quen o propuxo?
- Por que?
- Cando ocorreu?
- ...

A TRABALLAR!!!!

Mandade os comentarios = Hai premio (un trociño de Terra onde sentar prácidamente, cun soliño que quente sin queimar e coa praia cerca para mollar os pes)

4 comentarios:

  1. rut y desi22/4/09 09:07

    O ex presidente Wisconsin Gaylord Nelson
    Porque estaba preocupado pola degradación ambiental
    O 22 de abril que se lle chama
    DIA INTERNACIONAL DA TERRA.



    Desi & Rut

    ResponderEliminar
  2. BILAL BOUCHNAFA22/4/09 09:09

    na paxina:ponte villa,día da terra

    O Día da Terra celébrase cada 22 de abril desde 1970, pero a historia desta conmemoración iníciase cando nos anos 60 o senador americano Gaylord Nelson , que presionaba para que o asunto medioambiental formase parte da axenda John F. Kennedy, aproveitando as protestas contra a guerra de Vietnam, convoca unha gran manifestación para que o país expresase a preocupación polo medio ambiente a nivel nacional.
    Así, no equinoccio de primavera de 1970, celebrouse por primeira vez o Día da Terra,e millóns de persoas responderon á convocatoria establecendo nas súas comunidades, universidades e colexios plataformas de difusión e discusión sobre o medio ambiente e os seus problemas.
    Aquela presión social deu froitos: ese mesmo ano, Nixon crea a Axencia de Protección Medio Ambiental (EPA), coa misión de protexer o medio ambiente e a saúde pública; o Congreso americano promulga a Acta do Aire Limpo (Clean Air Act) establecendo estándares seguros sobre calidade do aire, emisións e polución contaminante; e igualmente o senador Nelson funda a Rede do Día da Terra (EDN) para promover a celebración do día da Terra como instancia de reflexión e acción en favor do medio ambiente, favorecendo o compromiso cívico dos escolares, educar os ciudadáns como consumidores responsables e mobilizar os medios de comunicación, escolas e gobernos locais en accións de protección medioambiental.

    firmado Bilal Bouchnafa

    ResponderEliminar
  3. Yago y Javi22/4/09 09:13

    O Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais. A elección do 21 de marzo responde á celebración do equinoccio de primavera, cando o día e a noite son iguais ó redor do mundo. Foi sancionada oficialmente o 26 de febreiro de 1971 nunha proclamación asinada polo daquela secretario xeral das Nacións Unidas U Thant.

    O símbolo deste acontecemento é un Θ (theta) verde sobre fondo branco.

    ResponderEliminar
  4. moi ben rapaces, bo traballo en busca da información.
    Yago e Javi: son sabía eu o do símbolo deste día.
    Bilar: moi interesante.
    Rut e Desi: escuetas pero ao gran.
    Xa tendes un positivo - hahaha!

    ResponderEliminar

Non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.